As emocións se contaxian?

E un máis hoxe! Fai uns minutos vo deixaba coa entrada Aprendizaxe social e emocional. As habilidades para a vida. E ao fío das emocións e da intelixencia emocional, lembrei outro fragmento do documental que me gustaría deixarvos, onde Elsa Punset nos fala do contaxio de emocións:

Podemos contaxiarnos realmente? como funciona? por que?

Contaxiemos emocións positivas!

 

Aprendizaxe social e emocional. As habilidades para a vida.

Hoxe vos deixo un vídeo do programa redes coa entrevista de Eduard Punset y Elsa Punset  a René Diekstra, psicólogo e experto en educación emocional, onde vemos a importancia nas aulas dunha aprendizaxe social e emocional, pero deixo que os escoitedes a eles que o explican todo perfectamente.

Aprendamos a coñecer as nosas emocións e a entendelas! Xa falabamos disto en Educación emocional e continuamos con este video, por que non se ensina na escola isto do mesmo xeito que se ensinan as matemáticas? como debería facerse? como educar aos nosos fillos, alumnos… nas emocións e habilidades sociais?… moitas preguntas coma estas se contestan neste video.

Quero resaltar algunhas frases de René Diekstra como:

«Estamos privando a niños y jóvenes de un desarrollo óptimo cuando no les damos oportunidades de aprendizaje social y emocional.»

«Las escuelas son necesarias porque forman una comunidad de nuevas generaciones que tienen que vivir juntas y trabajar juntas en el futuro para dirigir una sociedad (…) no hay mejor lugar que la escuela para ayudarlos a descubrirse, a conocerse, a entender cómo lidiar los unos con los otros

Las emociones son la esencia, el núcleo sobre el que se construyen las relaciones y se toman las decisiones.

Enfrentarse de forma ética y eficaz a los conflictos. Es una habilidad muy importante»

«los niños que siguen estos programas son capaces de distinguir mejor lo que les gustaría ser en el futuro o lo que tienes que hacer para conseguirlo y lo que te gusta, lo que disfrutas a corto plazo, así que son más capaces, por así decirlo, de negociar con sí mismos…»

René Diekstra

O repito moitas veces, pero creo que é tan importante este tipo de educación, tan importante. Estamos formando a perfectas máquinas de traballo que realicen unha función social no futuro, idea da educación que se mantén dende o século XIX, pero…non nos estamos a esquecer das persoas? Non será moito máis importante primeiro aprender a ser? ademáis incluso seguindo esta idea, como se di na introcución:

«Un neno que coñece e sabe xestionar as súas emocións non so terá mellores resultados académicos, se non que estará máis preparado para o mundo laboral. Mediante pogramas probados científicamente, é posible desenvolver o que chaman habilidades para a vida, é dicir, unha serie de destrezas no ámbito social, emocional e ético, que complementan e optimizan as habilidades cognitivas e intelectuais»

Que vos pareceu o video? Moitas apertas!

 

Boas prácticas

Ola! Hoxe toca unha reflexión sobre o traballo queestamos levando a cabo dende fai unhas semanas nas clases teóricas e é o tema das «boas prácticas» , coa profesora Paz Gonzalo 

Que son as Boas prácticas na ensinanza?

Nun contexto xeneralista, «o concepto de boas prácticas fai referencia a todas aquelas experiencias que se guían por principios, obxectivos e procedementos apropiados ou por pautas aconsellables que se adecuan a unha normativa determinada ou a unha serie de parámetros consensuados«. Ademais de ter en conta que conten cunha experiencia anterior de resultados positivos, amosando a súa eficacia e utilidade nun determinado contexto.

Ademais teñen unha serie de criterios comúns:

  • Responden a necesidades específicas e claramente identificadas.
  • Baséanse en evidencias.
  • Teñen un punto de innovación no seu deseño e aplicación.
  • Fundaméntanse en principios e valores básicos.
  • Responden a perspectivas moi claras do problema que pretenden encarar.
  • Permiten a retroalimentación e reorientación das accións.
  • Sistematizan tanto procesos como resultados.
  • Propician a repetición de experiencias positivas.

Isto implica un contacto máis cercano entre profesores e alumnos para fomentar a aprendizaxe activa e as diferente formas de entender, aprender e ser.

Hoxe en día as TICs, é dicir, as novas tecnoloxías están en calquera momento e aspecto da nosa vida cotidiá, entre as moitas cousas que podemos facer con elas, as novas tecnoloxías facilítannos a comunicación interpersoal e o traballo colaborativo, que é o que nos interesa nas aulas.

Manuel Area Monteria publica no seu libro «Introducción á Tecnoloxía Educativa» o seguinte decálogo de boas prácticas para o uso de TICs:

  1. O relevante debe ser sempre o educativo, non o tecnolóxico.
  2. Un profesor ou profesora debe de ser consciente de que as TICs non teñen efectos máxicos sobre a aprendizaxe nin xeran automáticamente innovación educativa.
  3. É o método ou estratexia didáctica xunto coas actividades planificadas as que promoven un tipo ou outro de aprendizaxe.
  4. Deben utilizarse as TIC de forma que o alumnado aprenda “facendo cousas” coa tecnoloxía.
  5. As TIC deben utilizarse tanto como recursos de apoio para o aprendizaxe académico das distintas materias curriculares, como para a adquisición e desenvolvemento de competencias específicas na tecnoloxía dixital e información.
  6. As TIC poden ser utilizadas tanto como ferramentas para a búsqueda, consulta e elaboración de información como para relacionarse e comunicarse con outras persoas.
  7. As TIC deben ser utilizadas tanto para o traballo individual de cada alumno como para o desenvolvemento de procesos de aprendizaxe colaborativo entre grupos de alumnos tanto presencial como virtualmente.
  8. Cando se planifica unha lección, unidade didáctica, proxecto ou actividade con TIC debe facerse explícito non só co obxetivo e contido de aprendizaxe curricular, senon tamén o tipo de competencia ou habilidade tecnolóxica/informacional que se promove no alumnado.
  9. Debe evitarse a improvisación. É moi importante ter planificados o tempo, as tarefas ou actividades, os agrupamentos dos estudantes,e o proceso de traballo.
  10. Usar as TIC non debe considerarse nin planificarse como unha acción allea ou paralela ao proceso de ensinanza habitual.

E xa para rematar deixovos o tablero colaborativo de Pinterest (ferramenta da que tendes un artigo na categoría de producto) que fixemos no noso grupo de traballo.

Apertas!

Maestr@s, padre e hijos.

Interesante conferencia de Carles Capdevila (quen ten moitas máis conferencias que recomendo sobre como educar aos fillos, aducar con humor,… deixovos un enlace aquí dunha que a min gustame moito https://www.youtube.com/watch?v=dd_z-pnGKaU

Mais neste caso deixovos cunha reflexión sobre a educación na escola e cos maestros e maestras, que é o que nos interesa neste apartado do blog. Espero que vos guste! e moi amena e humorística a súa forma de falar sobre este tema tan importante.

«I JUST SUED THE SCHOOL SYSTEM»

Penso que neste vídeo queda todo dito, por unha escola comunitaria, individualizada e personalizada! Que fomente a creatividade e valore as capacidades de cada persoa e non o socialmente «normal», porque educamos persoas que poidan aprender e desenvolverse no futuro, non  máquinas e robots para a producción en cadea.

Educar ao ser complempleto para enfrentar o futuro: Creatividade.

Hoxe quero refelxionar sobre o sistema educativo. Neste blog falei de como incluír ás TIC, a educación emocional, outras alternativas de escolas e sistemas de aprendizaxe,… e hoxe quero afondar un pouco máis en todo isto e no que o rodea.

En primeiro lugar quero compatir un vídeo, é unha charla de Sir Ken Robinson: Sir Ken Robinson, nado en Liverpool o 4 de marzode 1950, é un pedagogo0 e escritor inglés. Doutor pola Universidade de Londres desde 1981, é experto en asuntos relacionados coa creatividade, a calidade do ensino, a innovación e os recursos humanos. Debido á relevancia da súa actividade, especialmente en relación coa arte, foi nomeado Sir pola Raíña Isabel II en 2003.

Ken Robinson fomenta o replanteamento radical dos nosos sistemas educativos, para cultivar a creatividade e recoñecer que hay varios tipos de intelixencia. Xa que o sistema educativo actual marxina e socava a creatividade innata dos nenos e nenas fomentando o medo a equivocarse, e obtendo como resultado desa educación adultos menos creativos e faltos de orixinalidade.

Por que educamos negando outra parte do que somos? Parece que todos temos que estar cortados polo mesmo patrón; aprender o mesmo, ao mesmo tempo,… pero como podemos facer isto se cada un de nos é diferente? Quizás eu sexa peor en matemáticas, pero é en música, ou en danza? Hai multiples intelixencias que debemos recoñecer. E sobre todo, hai tantas materias ou aptitudes diferentes… que por que centrarnos so en algunhas? ou por que situar unhas por riba doutras? Non ten sentido, necesitamos esta variedade.

Fomentemos e creatividade e a variedade!

 

 

Educación emocional.

Que é a educación emocional? Esta é a primeira cousa que debemos saber, que queremos dicir con isto?

Mayer definiu a intelixencia emocional como «unha habilidade para percibir, asimilar, comprender e regular as propias emocións e as dos demais, promovendo o crecemento emocional e intelectual. De esta se usa información para guiar a nosa forma de pensar e o noso comportamento».

E é moi importante que aprendamos e desenvolvamos isto, así a educación emocional é un proceso educativo que pretende potenciar o desenvolvemento das competencias emocionais ( conciencia emocional, regulación emocional, autoxestión, intelixencia interpersoal,…) como elemento esencial do desenvolvemento integral da persoa co obxecto de capacitala para a vida. Ten como finalidade aumentar o benestar persoal e social.

Porque é certo que é moi importante saber de matemáticas, saber ler, escribir, estudar historia,… pero ademáis diso, non será moito máis importante aprender a ser persoas e a saber desenvolvernos como tales? Para min isto é fundamental, saber definir que nos está a pasar, e saber xestionar as nosas emocións é importantísimo e algo que debemos aprender e ensinar dende nenos.

A continuación un pequeno video dun documental no que a profesora Luz Guerrero explica por que é tan importante, algún exemplo de como se traballa e para que:

(O idioma é catalán podense activar os subtítulos en español abaixo á dereita)

Para min sería importantísimo que os colexios incluíran esta educación no curriculum, é a educación máis importante que debemos recibir para as nosas vidas e o noso futuro.

E para rematar como dicía Aristóteles «educar a mente sen educar o corazón, non é educar en absoluto».

 

 

 

Incluír ás TIC na educación?

O mundo tal e como o coñecemos hoxe é moi diferente a como era fai 100 anos ou 50, as nova tecnoloxías (móviles, televisión, internet,..) cambiaron por completo a forma en que nos relacionamos (podemos falar a todas horas con alguén que está na outra punta do planeta) temos acceso a información ilimitada que se actualiza e aumenta cada día, …. Con tantos cambios como pode ser que a ensinanza, e modelo ou o sistema educativo sexa igual?

As TIC son ferramentas que nos axudan a que as clases sexan máis interactivas e visuais, e que non so nos axudan como docentes, tamén eles poden comezar a traballar con elas xa que hoxe en día é indispensable saber manexalas. Así aprenderán e entrarán no mundo das tecnoloxías con información e saberan o que facer. A trevés delas poderán fomentar tamén a súa creatividade, deseñando, creando novas cousas,… e os manterá máis concentrados e sen que se aburran ao participar na súa propia aprendizaxe. Non é so o profesor o que ten que ensinar, os alumnos teñen que aprender a aprender e a crear (a onde buscar o que necesito, ferramentas que utilizar,…).

Así que debemos aproveitar a diversidade de recursos de apoio á ensinanza que nos ofrecen ás TIC desenvolvendo a creatividade, innovación e promovento o aprendizaxe significativo, activo e flexible.