Demasiado pequenos para programar?

Moitas veces os adultos infravaloramos aos nenos, pensamos que eles sen máis axuda non van a poder, que son demasiado pequenos,… pero podemos comprobar que sito non é así, que o único que facemos é porvocar unha dependencia innecesaria,  negar as súas capacidades, creatividade, e motivación,… as ferramentas máis importantes para unha boa aprendizaxe.

Gustaríame que escoitarades a seguinte charla:

 

Antonio García Vicente ten 8 anos, e ademais de programar para que el e os seus compañeiros de clase aprendan as leccións do cole, ensina a outros máis pequenos a facelo, de feito aquí fala da importancia de compartir recursos con todo o mundo para seguir aprendendo e creando, que é algo que as TIC nos permiten.

Ademais do fútbol, a súa pasión é a programación, e grazas a ela imaxina, crea xogos, historias, animacións e aprende divertíndose e compartindoo con nenos de todo o mundo.

Forma parte do CJP (Club de Xóvenes Programadores) da Universidade de Valladolid e participa no Scratch Day, que en Valladolid se celebra na Universidade de Informática.

Entón… poden ou non  poden? E se isto pasa a formar parte das nosas aulas? Eu estou segura de que as TIC poden servir como acompañante das leccións como elemento motivador, para aumentar as nosas posibilidades, fomentar a creatividade,… podemos ver nas súas experiencias de aula que isto funciona, porque eles si que poden.

Apertas!

 

Nova clase! Traballo finalizado.

Buenos, hoxe por fin vos vou ensinar o noso traballo de deseño finalizado (na súa parte máis teórica)! Como fun escribindo nas anteriores entradas nas clases con Paz, estivemos a facer por grupos un diseño, tendo en conta os gustos, intereses,… dos nenos que tiñamos ao redor (ver entradas Unamos todo e a todos!!, Que nos gusta, preocupa, interesa….?, E que hai dos nosos medos…? ), e sobre todo tendo en conta o contexto no que estabamos a traballar, ou no que se ía desenvolver o noso producto.

Cada un dos grupos falou do seu producto, e a verdade é que houbo moitas ideas moi boas e moi diferentes.

No noso caso, tiñamos un caso concreto moi cercano dunha nena con leucemia, no que o importante para nos era atopar unha forma de que esa nena puidera sentir que seguía tendo unha vida como a que tiña antes, cos seus amigos, no cole,… é dicir, non perder o contacto e buscar unha forma de comunicación. Así que a nosa idea foi crear un canle de Youtube, con el conseguríamos ter unha plataforma na que tanto os mestres, como os médicos, e sobre todo os nenos que é o interesante, e a nosa nena en particular, poderían  manter unha rede de comunicación. Onde os seus compañeiros por exemplo poderían subir un vídeo contándolle o que están facendo ou aprendendo no cole, e ela podería velos e recibir as clases, e ao mesmo tempo ensinarlles a eles o que vive ela no hospital,… ou  retransmitir as clases en directo (cousa que Youtube xa nos permite) de modo que ela non teña que perderse todas as clases,… Pareceunos unha idea moi boa e moi humana, que nos encantaría poder levar a cabo, e onde vemos como as TIC, poden axudarnos a realizar cousas que doutro xeito non podemos, ou a amplificar e como elemento motivador dos alumnos, xa que neste caso, ademais disto que a min paréceme moi boito, os alumnos que siguen nas aulas, ademáis de estar realizando unha tarefa, estaran facendo un tutorial de como realixala por exemplo o que é un elemento moitivador moi forte. Seguiremos traballando neste proxecto e pronto vos contarei máis, deixovos a imaxe que utilizamos para expor o noso producto coa técnica de visual thinking:

screenshot_2016-12-08-16-59-07-1

Unha aperta moi grande, lémonos na próxima entrada!

Unamos todo e a todos!!

Como vos adiantaba nas entradas de Que nos gusta, preocupa, interesa…? e E que hai dos nosos medos…? nas clases teóricas con Paz Gonzalo estamos comezando a facer un traballo de deseño, e para iso necesitabamos saber que era o que gustaba, preocupaba, interesaba e asustaba, tanto aos nenos como a nos. Nas entradas anteriores eu felei dos que eu preguntei as nenas que tiña ao meu redor, e dos meus propios, e agora toca a posta en común de todo o grupo.

Para facelo dun xeito máis visual e bonito utilizamos Piktochart para facer unha infografía co dos nenos e nenas e este é o resultado:

unnamed

E os nosos? para amosarvos os nosos utilizamos outra ferramenta que é Thinglink e este é o resultado:

tmp858034887922286593

Que vos parece o resultado? Son dúas ferramentas que seguro que son moi interesantes, e que vos parecen as nosas respostas? Non dubidedes de comentar aquí cales son os vosos, moitas apertas!

Clase 22/11/2016

Na clase teórica desta semana con Paz Gonzalo, seguimos falandro sobre o aprendizaxe compencial, continuando co aprendido a semana pasada que comentei na reflexión Clase teórica 15/11/2016, e que recordemos que é un tipo de aprendizaxe que nos permite aprender a resolver os nosos problemas; que nos axuda a querernos, coñecernos e reinventarnos; que nos axude a lograr os nosos obsextivos, a estar máis felices e a mellorar o noso mundo,… entre outras cousas. Así aprendemos a saber, saber ser e a saber facer. E tendo en conta o contexto real social no que nos movemos.

Así que esta semana seguimos aprendendo nas aula como é esta aprendizaxe, e para iso comezamos polas características que ten: significatividad, procedimental, situacións complexas (que poidamos resolver) e integrada. Algo moi destacable tamén é que as competencias non son un contido que se trasmite, se non que as desenvolve cada un e o que podemos ver son os indicadores desas competencias.

Ademais nos puxo na clase un vídeo que casualmente au descubrira fai un tempo no programa «redes» e que comentei no blog, e vos animo a que o vexades, a min encantoume, deixovos aquí o enlace á miña entrada Incluír ás TIC na educación (reflexión).

E nel reflexiono sobre o que Paz nos dixo na clase de onte, comparando a aprendizaxe más «tradicional» que levamos tendo moitos de nos toda a vida, con esta aprendizaxe competencial, xa que o coñecemento nos fai competentes cando é significativo, o memorístico non, porque non o podemos utilizar.

E por último, na parte teótica xa nos centramos na «Contribución ao logro da competencia dixital dende as diferentes áreas do currículo de educación infantil».
No que debemos potencias , na medida das súas posibilidades, o uso da linguaxe audiovisual e das tecnoloxías, como fonte de información, comunicación,…desenvolvento unha actitude crítica.

E xa para finalizar a clase, continuamos coa parte práctica, seguindo o noso deseño grupal continuándo co visual thinking, onde comezamos a plasmar todo iso que vos contaba en Que nos gusta, preocupa, interesa…? e cuxo resultado espero amosarvos dentro de pouco.

Apertas e non dubidedes en deixar o voso comentario!

E que hai dos nosos medos…?

Fai uns días comentabamos na entrada Que nos gusta, preocupa, interesa…? tal e como di o nome da entrada os nosos gustos, preocupación, e intereses; tanto os das nenas coas que falei como os meus, pero… que hai dos nosos medos? Hai cousas que fan que sintamos terror, que nos asustan… e diso imos falar nesta entrada, para telo en conta ao facer o deseño que estamos facendo nas clases con Paz Gonzalo.

Así que, que medos tiñan elas?

  • Aos seus pesadelos, que non as deixan durmir.
  • A suspender.
  • A non ter amigos.
  • Á escuridade.

E que hai dos meus?

A verdade é pensar nos meus medos custa un pouco máis, pero tras pensalo moito sei que non teño medoa ninguna cousa como á escuridade, á morte, a camiñar soa pola rúa polas noites… pensaba que non tiña ningún medo a verdade, pero sedo sincera si que hai unha cousa que me da medo e é a chegar a sentirme soa algún momento. Todas e todos sentimos iso nalgún momento, estando lonxe da casa, da familia ou dos amigos, e como non sei onde estarei ou que farei no futuro, non é que me dea medo facer cousas distintas, ou estar en sitios distintos, penso que iso é bo, pero si me asusta a idea ou a posibilidade de sentirme soa. Por sorte creo que teño moita sorte tanto coa miña familia, como cos meus amigos,… e non teño problema en relacionarme con outras persoas é maís, gústame coñecer xente nova, así que espero que non me sinta así nunca!

Non dúbidedes en comentar os vosos medos, ou os dalgún neno que teñades ao redor, é moi interesante escoitalos e eles. E o mesmo para os gustos,.. da entrada anterior. Moitos bicos e estade atentos! dentro de nada subirei xa unha táboa con toda esta información dos membros do meu grupo H.Lemos, PatriciaCintia e Jose. 

Moi pronto máis!

Clase teórica 15/11/2016

Hoxe imos reflexionar sobre a última clase teórica de Novas Tecnoloxías con Paz Gonzalo. A verdade é que persoalmente foi unha das clases que máis me gustou, por que? pois porque xa comezamos a dar os primeiros pasos do noso deseño didáctico (amplificado coas TIC). Pero imos comezar dende o principio.

En primeiro lugar, Paz falou da necesidade de educar tendo en conta o contexto socal no que nos movemos, é tan importante que a educación sexa  nunha cuidadanía activa e responsable, pois os nosos nenos serán pequenos pero temos que darnos conta que eles tamén se decatan do que está pasando ao seu redor, por iso é moi importante que sepamos cales son ese problemas ou situacións para involucrarnos, implicarnos e traballar nese contexto concreto.

Mais o máis importante, para min, da clase foi a aprendizaxe por competencias. Esta aprendizaxe por competencias cada vez se utiliza máis nos centros educativos, xa que unha das cousas que nos permite é centrarnos en maior medida nas necesidades dos alumnos. Aínda que é moi importante a aprecición que fixo Paz na clase, de que este é un termo que provén do campo das relaciones laborais (vemos o concepto que se ten da educación que segue invariable case dende finais do século XIX; prepararnos para a nos función laboral do futuro). Hai moitas definicións sobre este concepto de aprendizaxe competencial, para min unha das mellores é a aportada por DeSeCo, que entende a adquisición de competencias como a combinación de habilidades prácticas, coñecementos, motivación, valores éticos, actitudes e emociones e outros compoñentes sociais. É unha definición integradora que ten en conta aspectos cognitivos e emocionais.

Logramos ser competentes desenvolvento tres áreas tal e como se expuxo na clase:

  • Saber
  • Saber facer
  • Saber ser

Unha das cousas que temos que ter en conta a hora de facer o noso deseño é ter en conta os contidos eobsectivos que por lei teñen que acadar os nosos alumnos. Así vimos na clase a diferencia entre a anterior lei LOE (a que nos tivemos) coa vixente agora: a LOMCE, lei aprobada polo PP sen contar co apoio de ningún dos outros partidos políticos, e por suposto sen a aprobación da comundade educativa. Por sorte, ao ser de infantil, nos non estamos tan atadas á hora de que facer nas aulas cos nosos alumnos, temos moita liberdade que temos que aproveitar, e por suposto saber como aproveitala ben.

E xa por último comezamos a parte práctica da clase, plasmando os nosos gustos e os dos nenos (entrada no meu blog: Que nos gusta, preocupa, interesa…?) coa técnica de Visual thinking, cuxo resultado vos amosarei moi pronto… apertas!

Que nos gusta, preocupa, interesa….?

Hoxe imos falar das cousas que nos gustan, que nos preocupan, que nos interesan,… a nos, e aos nenos, para logo poder comezar co noso traballo de deseño para as clases de Novas Tecnoloxías con Paz Gonzalo.

Os seus gustos, intereses,…: Neste caso eu preguntei polos seus gustos… a tres nenas de infantil, nalgunhas coincidiron e cada unha engadiu algunha a maiores, e son estes:

-Algúns dos seus gustos:

  • Xogar cos amigos
  • A música
  • A ximnasia rítmica
  • Ir ao cole para estar cos amigos e aprender
  • Xogar a disfrazarse
  • Ir á praia
  • Ir ao parque

-Preocupacións:

  • Que lle pase algo a algún amigo do cole, ou a Papá e Mamá.
  • Que faga mal tempo e non poda sair a xogar cos amigos ao parque.
  • Que Mamá ou Papá se enfaden conmigo.

Os meus gustos:

Bueno, a verdade é que en moitas cousas coincidín con elas. Gústame moito o deporte, xa non teño tempo para prácticar tanto, pero fixen ximnasia rítmica (como fai agora unha de elas) e natación sincronizada, deportes que me apasionan. Encántame a música, toco o piano dende os 6 anos, e non podo pasar un día sen bailar e cantar. Encátame viaxar a sitios novos, e en verán o que máis me gusta e ir cos meus amigos á praia e nadar (son medio peixe, non saio da auga).

Xuntando os meus gustos cos seus…. eu penso que poderíamos facer un deseño moi bo, espero compartir con vos un bo resultado cando o rematemos, unha aperta!

Boas prácticas

Ola! Hoxe toca unha reflexión sobre o traballo queestamos levando a cabo dende fai unhas semanas nas clases teóricas e é o tema das «boas prácticas» , coa profesora Paz Gonzalo 

Que son as Boas prácticas na ensinanza?

Nun contexto xeneralista, «o concepto de boas prácticas fai referencia a todas aquelas experiencias que se guían por principios, obxectivos e procedementos apropiados ou por pautas aconsellables que se adecuan a unha normativa determinada ou a unha serie de parámetros consensuados«. Ademais de ter en conta que conten cunha experiencia anterior de resultados positivos, amosando a súa eficacia e utilidade nun determinado contexto.

Ademais teñen unha serie de criterios comúns:

  • Responden a necesidades específicas e claramente identificadas.
  • Baséanse en evidencias.
  • Teñen un punto de innovación no seu deseño e aplicación.
  • Fundaméntanse en principios e valores básicos.
  • Responden a perspectivas moi claras do problema que pretenden encarar.
  • Permiten a retroalimentación e reorientación das accións.
  • Sistematizan tanto procesos como resultados.
  • Propician a repetición de experiencias positivas.

Isto implica un contacto máis cercano entre profesores e alumnos para fomentar a aprendizaxe activa e as diferente formas de entender, aprender e ser.

Hoxe en día as TICs, é dicir, as novas tecnoloxías están en calquera momento e aspecto da nosa vida cotidiá, entre as moitas cousas que podemos facer con elas, as novas tecnoloxías facilítannos a comunicación interpersoal e o traballo colaborativo, que é o que nos interesa nas aulas.

Manuel Area Monteria publica no seu libro «Introducción á Tecnoloxía Educativa» o seguinte decálogo de boas prácticas para o uso de TICs:

  1. O relevante debe ser sempre o educativo, non o tecnolóxico.
  2. Un profesor ou profesora debe de ser consciente de que as TICs non teñen efectos máxicos sobre a aprendizaxe nin xeran automáticamente innovación educativa.
  3. É o método ou estratexia didáctica xunto coas actividades planificadas as que promoven un tipo ou outro de aprendizaxe.
  4. Deben utilizarse as TIC de forma que o alumnado aprenda “facendo cousas” coa tecnoloxía.
  5. As TIC deben utilizarse tanto como recursos de apoio para o aprendizaxe académico das distintas materias curriculares, como para a adquisición e desenvolvemento de competencias específicas na tecnoloxía dixital e información.
  6. As TIC poden ser utilizadas tanto como ferramentas para a búsqueda, consulta e elaboración de información como para relacionarse e comunicarse con outras persoas.
  7. As TIC deben ser utilizadas tanto para o traballo individual de cada alumno como para o desenvolvemento de procesos de aprendizaxe colaborativo entre grupos de alumnos tanto presencial como virtualmente.
  8. Cando se planifica unha lección, unidade didáctica, proxecto ou actividade con TIC debe facerse explícito non só co obxetivo e contido de aprendizaxe curricular, senon tamén o tipo de competencia ou habilidade tecnolóxica/informacional que se promove no alumnado.
  9. Debe evitarse a improvisación. É moi importante ter planificados o tempo, as tarefas ou actividades, os agrupamentos dos estudantes,e o proceso de traballo.
  10. Usar as TIC non debe considerarse nin planificarse como unha acción allea ou paralela ao proceso de ensinanza habitual.

E xa para rematar deixovos o tablero colaborativo de Pinterest (ferramenta da que tendes un artigo na categoría de producto) que fixemos no noso grupo de traballo.

Apertas!