20/10/2016

Tras as primeiras semanas de contacto coa materia xa comezo a desenvolverme coas ferramentas do meu PLE. Nos grupos C esta semana rematamos de crear o noso entorno de aprendizaxe persoal, con todos os productos (ferramentas) que comentei neste blog e que fomos descubrindo estas semanas: O blog, twitter, pinterest, symbaloo, e feedly. Aquí vos deixo os meus enlaces:

Twitter: https://twitter.com/iregoniba7

Pinterest: https://es.pinterest.com/iregoniba7/

Symbaloo:https://www.symbaloo.com/mix/eiticpo; https://www.symbaloo.com/mix/miwebmix1342

Ferramentas coas que me sinto moi cómoda e coas que (por agora) non teño ningún problema e coas que me gusta traballar. Persoalmente as que máis me gustan son o blog, no que reflexiono sobre educación o que me fai bucar moita información e aprender moito, tamén vou falando das ferramentas que imos utilizando, e que á vez utilizo de diario no que vou ir vendo a miña evolución; e twitter, xa que sigo a moita xente ou páxinas de interese que me achegan información e artigos en cada momento.

Nas clases A probamos unha nova app Kahoot, que me pareceu moi interesante para traballar con nenos e da que falarei neste blog.

Irene.

 

 

Deja un comentario